miércoles, 5 de septiembre de 2007

Democrácia?

"Nas anteriores eleccións, os que aínda gobernaban (PP) trataron de sacar por decreto un "algo", chamémoslle así, para que os altos cargos tiveran un "soldo" polos servicios prestados na Administración. Como ben sabemos todos, os do PSdeG-BNG os puxeron a parir, cousa que vexo normal. Pero resulta que agora eses mesmos que os puxeron a parir aproban algo semellante, e os do PP tampouco din que non. Aproban un "plus" para os funcionarios que estén máis de 2 anos exercendo de altos cargos ou alcaldes, e, que disque é duns 15000 euros anuais ata que se xubilen, ademáis do salario que perciban xa polo seu posto de funcionario, todo isto é para cando deixen o "goberno" e volvan ao seu posto, así que digamos que terán 2 SALARIOS.

Para que nós entendamos van cobran 15000 euros polo morro de por vida, porque poden estar currando ata os 70, e polo que sei, eses 15000 tamén lles cotizan para a Seguridade Social, ou sexa que ademáis terán unha boa paga. ¿É ou non é indignante? E por iso montei todo este rebumbio.Hai un artigo, teñen máis, en EL CORREO GALLEGO que explica con máis detalle o que queren facer.

O peor de todo é que algúns políticos din que iso mola e que está ben, que xa existe desde hai 10 anos e que isto é unha simple regularización, e que xa hai unha lei a nivel de España. Ou sexa tratan de xustificar o inxustificable. Demostran unha intelixencia que vaia por dios. Usando o seu mesmo razoamento podíamos dicir que como noutros países apalear mulleres está permitido, pois fagámolo. OU mellor aínda, eu lles propoño, xa que lles gusta iso de "é que en tal sitio xa se fai, pois fagámolo nós", pois señores políticos, en JAPON cando un político fai algo MALO, suicídase e antes pide disculpas polas súas gamberradas, pois TOMEN NOTA¡¡¡¡"

tirado de http://www.nuncamais.org/, página que está desenvolvendo umha campanha contra a suba dos soldos dos políticosladrons (sinto-o, vai todo junto). Asina contra a avarícia dos ladrons!

Se alguem ve a algum destes 2 indivíduos, rogamos que avise à Poli... nom a policia é deles... Rogamos lhes insulte.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

benvido a realidade, para q volvades esperar algo dos políticos.

Anónimo dijo...

¿Y cómo podemos cambiar esto en un corto plazo?
Está claro que en las próximas elecciones gallegas, pase lo que pase, la aplastante mayoría va a votar a los 3 partidos mayoritarios, y estos me da a mí que no se van a bajar el sueldo a sí mismos.
Y sin embargo, seguro que el porcentaje de la gente que está de acuerdo con esa "subida salarial" es bastante pequeño.

A ria e nosa e non de REGANOSA