jueves, 26 de julio de 2007

Quanta raiva...


(em keny-arkana.com, podedes baixar este vídeo subtitulado em diferentes línguas)

Dedicado a todas as companheiras anticapitalistas agredidas pola policia o 24 de julho em Compostela na manifestaçom convocada pola AMI.

Raiva é o que sentimos quando pateam os nossos sonhos...





(fotos de gzifoto.com)

O de Compostela no 24 de Julho foi sadismo... Nom tem outro nome. Que se saiba o que fam, que é o que mais lhes doe.

Ameijeiras demissom!!!
Difunde-o!!!

Campanha pola demissom de Ameijeiras do Movemento polos Direitos Civís:

"Desde a súa toma de posesión, O Sr. Ameijeiras non fai senón actuar en contra dos máis elementares principios democráticos, utilizando as forzas e corpos de seguridade do Estado en contra de todo tipo de movementos, mobilizacións e conflictos sociais.

Así, nos últimos meses temos asistido indignados ao uso inxustificado da violencia policial contra movementos sociais, sindicalistas, movementos políticos, ambientalistas, deportivos, organizacións xuvenís ou inmigrantes, en situacións diversas como a folga do metal en Vigo, as manifestacións de Atento na Coruña, ou recentemente o conflicto de Reganosa en Ferrol.

Os conflitos existentes -laborais, sociais, políticos, ecolóxicos, etc...- son o trasfondo real destas realidades, fronte os que o Delegado do Goberno optou sempre pola utilización da forza policial de forma inxustificada e nomeadamente pola criminalización de boa parte da sociedade galega, que non está disposta a se someter ao poder establecido..

A Delegación de Goberno español asumiu desde a partida un papel continuísta do recurte de liberdade e de dereitos propio do goberno do Partido Popular, mesmo chegando a superar nalgúns casos aquela triste herdanza. Entendemos que estes feitos son inaceptábeis desde unha perspectiva democrática e exixen a asunción de responsabilidades: é o momento de que Ameijeiras dimita e de que o pobo galego responda facéndolle saber á Delegación do Goberno que non estamos dispostos a aturar máis esta situación. "

tirado de Movemento polos Direitos Civís


+info sobre a repressom em:
ceivar.org
movemento polos direitos civís
PreSOS

No hay comentarios:

A ria e nosa e non de REGANOSA