jueves, 31 de mayo de 2007

Lobos com pel de cordeiro

Parecía que tinhamos que estar felizes cando o PSOE e o BNG tomaron poder da Xunta de Galiza.
Nembargantes, a máxima aquela de "lobos com pel de cordeiro" toma corpo cando botamos um olho ás acçoms repressoras que están a levar a cabo.



Falamos concretamente do caso de Reganosa, em Ferrol. Se onte e antonte era notícia o bloqueio levado a cabo por mariscadores e membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, hoje falamos da brutal repressom levada a cabo polos dobermans do senhor Ameijeiras.

Tras chegar a notícia @s concentrad@s na dársena de Curruxeiras de que Bernardo Bastida estaba a ponto de comparecer no julgado da cidade, a concentraçom mudou de lugar.
Cál foi a súa sorpresa ao chegar ás dependencias judiciais e ver que estaban literalmente tomadas pola polícia antidistúrbios. Umha escea própria dumha guerra civil ...
Tras ser increpados, os repressores (que nom trabalhadores), cargaron violentamente e sem contemplaçoms contra @s alí reunid@s, que responderon como puideron, com pedras. Nom estamos em Palestina, estamos em Ferrol, por se había algunha dúbida.
O saldo resultou en decenas de ferid@s, algúm que outro sangrando pola cabeça.

Dende aquí cómpre denunciar a actitude fascistoide dos que se chaman a sí mesm@s demócratas e falan de talante e diálogo. Som tod@s iguais. O PP, impulsor do proxecto; o PSOE, repressor e o BNG, frotándose as maos e apoiando aos empresários. Todos apraudindo a actuación própia dum estado de sitio coma se fosen focas. O único que cabe esperar é que EU poida dicir algo ao respecto, ja que e um dos únicos partidos políticos em Ferrol, junto com NÓS-UP, que se opuxerom á situaçom actual da pranta.

Velaquí tedes máis fotos que falan por sí soas, ademáis dun arquivo de audio da Rádio Galega. Ate os jornalistas tiverom que ter coidado cos cans ...

Audio da Rádio Galega









A RÍA É NOSSA, E NOM DE REGANOSA!

No hay comentarios:

A ria e nosa e non de REGANOSA