martes, 5 de junio de 2007

Coelhos de indias

O capitalismo ao que está sometidos as farmacéuticas provoca moitas veces notícias sorprendentes e inaceptábeis. A investigaçom, precissamente por culpa deste brutal supeditamento, resulta na valoraçom de obxectivos comerciáis no canto de sociais.



Explicareime: actualmente as grandes multinacionais do sector nom ven umha enfermidade coma grave e dolorosa, senóm que a ven única e exclusivamente coma rentable ou nom. Anque seja um mal curábel ou subsanábel, se nom afecta a un determinado número de pessoas nom interessa no sector, ja que ao fin e ao cabo som nada menos ca clientes.
Por tanto, se ti tes umha enfermidade das consideradas, estatísticamente, raras, nom interessa investigar e producir medicamentos que nom van resultar rentábeis dende um punto de vista económico.
Estas investigaçoms custan moitos cartos, certo, pero tambén cabe pensar nos beneficios sociais de vez en cando. É umha mera cuestióm de ética; tes uns conhecementos e meios para acadar nom só umha soluçom, senóm alomenos paliar en certa medida o problema.

O que resulta de todo inapropriado e de escándalo som as provas que levan a cabo estes desalmados no terceiro mundo. Nom só polo preço dos fármacos que resulta, ao cambio, imposíbel para a economía dun país tan povre. Falo concretamente dos experimentos levados a cabo por gente sem escrúpulos que gostam de jogar a ser deuses.

Casos coma o revelado recentemente sobre o xigante Pfizer dan calafríos.

Resulta que no ano 1996 houbo umha epidemia de meningite em Nigéria da cal os casos déronse con maior presença n@s nen@s (algo habitual nesta enfermidade, á que tambén son vulnerábeis @s anciáns, pero a esperança de vida en Nigeria .. como que é um pouco reducida en comparaçom co primeiro mundo). Pois bem, coa excusa de que estabam tratando aos nenos aproveitaron para experimentar um fármaco en 200 del@s que resultou en 11 mortes e malformaçoms n@s demáis, entre elas; artrite, cegueira, sordeira e parálise cerebral. Nom consultaron en nengúm momento aos progenitores nim ao comité ético de Nigeria.
Por todas as consecuencias descritas, a fiscalia nigeriana solicita de Pfizer umha suma de 7.000 millóns de dólares en concepto de danos e perjuiços provocados aos familiares.

O caso saeu á luz no ano 2000 depóis dunha investigaçom do Washington Post sobre a aplicaçom do antibiótico Trovan (o que foi testado nest@s nen@s) no estado nigeriano de Kano, o máis extenso do país. Depóis, foi o próprio Ministério de Sanidade quem continuou as pesquisas.

Resulta escandaloso cando menos que @s nen@s sean tratados coma tests com patas. Pero claro, nom se lles ocorre facer isto no primeiro mundo porque nom ficaría ninguén sen enteirarse disto.
Estamos já no ano 2007 e a mentalidade dos grandes empresários está ainda no sistema feudal.

No hay comentarios:

A ria e nosa e non de REGANOSA