lunes, 25 de diciembre de 2006

Por mor das protestas por unha vivenda digna...

"Si eres una pensionista víctima del mobbing inmobiliario
Si no sabes cómo pagar el aumento de alquiler
Si la hipoteca de tu piso te hace imposible llegar a fin de mes
Si tienes 25 años y no puedes irte de casa de tus padres
Si estás bajo amenaza de desahucio por la presión inmobiliaria
Si te desalojan y condenan por okupar un espacio
Si te amenazan, te agreden, te precarizan la vida para tener una casa
Si hace tiempo que piensas que tener una casa donde vivir es un lujo para privilegiados...

Si ya no reconoces tu ciudad porque sólo hay oficinas y centros comerciales y museos muy modernos
Si ya no recuerdas que calle significa sitio donde pasear y plaza lugar donde encontrarse
Si el centro de tu ciudad se ha convertido en un parque temático pasto de turistas cámara en ristre
Si la Administración te comunica tu próxima expropiación debido a un plan urbanístico del que nada sabes, nada puedes decir
Si vives en una ciudad saturada, cara, clonada, sobre la que no puedes opinar, en la que no puedes construir, decidir, ni usar nada sin pagar
Si hace tiempo que piensas que una ciudad es simplemente un sitio hostil donde trabajar, dormir, consumir...

Si te pasa una de estas cosas o varias a la vez, entonces es que sufres de violencia inmobiliaria y urbanística."



Estoupou a revolución...


A especulación inmobiliaria, promovida polos políticos que nos gobernan, impide o exercicio do dereito a unha vivenda digna (recollido no art.47 da Consitución do 1978). Bancos, constructoras, inmobiliarias, partidos políticos e ETTs están enriquecéndose con este cada vez máis abafante recurto de dereitos derivado da precarización da vida á que se nos somete para enriquecimento duns poucos. O Estado, da man dos partidos que o controlan, contribúe a esta práctica poñéndose á disposición dos delincuentes (porque son os que teñen os cartos, os que mandan), unha evidencia máis de quén ostenta realmente o poder na democracia(?) representativa(?) capitalista(!). Iso chámase violencia estructural.

Estamos gobernados por criminais e os seus encubridores.

E cando a situación comeza a desestabilizarse pola indignación xeral (e tamén por outras causas coma enfrontamentos entre bandos de especuladores - chámanos "partidos"...) sacan o tema á luz e pretenden facer que exerza de chivo expiatorio. Coma aconteceu en Marbella. Iso só é a punta do iceberg, todo o estado está así. Na Galiza sabemos ben diso.


A sacrosanta propiedade privada é o eixo fundamental da maquinaria capitalista. Este conceito, e sobre todo o escrupuloso respeito por este conceito, é o que permite o enriquecimento irracional duns poucos mentres outros non teñen nada. É un dogma que permite que unha situación tan absurda coma a que sigue pase como normal: casas sen xente, xente sen casas? (@s okupas resumírono moi ben). E o mesmo conceito de propiedade privada pretende (e consígueo en grande medida) alimentar os soños dunhas traballador@s precari@s que xa non se consideran unha clase, e cuxas vidas pretenden ser dirixidas a ter máis cousas, identificando iso como ideal de felicidade. Isto faise mediante a o aparello de control que conforma o espectáculo da publicidade e que contribúen a enriquecer os medios, que co seu "entretimento" realmente veñen a actuar coma plataformas publicitarias das empresas ás que representan (porque tamén hai "bandos" nas empresas; en realidade, na disputa entre bandos empresariais se basea a política institucional dos estados actuais) e de preservación dos intereses da clase dirixente. O que se presenta como entretimento é un medio opiáceo de perversa distorsión da realidade, que fai xurdir n@ "entretid@" a necesidade da adquisición de bens materiais nunha compulsiva e cotiá procura do modelo espectacular de vida, creando así a falsa ilusión de que vivir nun anuncio é posíbel. E na miña opinión, é debido a este mesmo espectáculo publicitario o incrustado que está este valor nas nosas cabezas posmodernas, e que existe tal rexeitamento social á okupación. Cando nunha sociedade pensante, analítica e crítica, sería o máis lóxico do mundo ("estasme dicindo que eu non teño posibilidade de pagarme unha vivenda e hai vivendas baleiras por aí sen que ninguén lles dea uso?!?!?!"). O conceito de propiedade privada comeza a ser absurdo cando hai xente que non ten onde vivir, e outra xente que lle sobran sitios onde vivir, pero só vive nun e ten os demáis coma "unha inversión a longo prazo". É dicir, cando o comercio prevalece sobre os dereitos.

Está é mais unha contradicción do capitalismo. Pero o mundo conquistado polo capital EEUUropeu está pragado de contradiccións deste tipo (xente obesa, xente con fame?; xente excesivamente medicalizada, xente sen medicación?; contaminación lumínica, xente sen luz?...) Esta contradicción intrínseca e estructural do capitalismo tardío empeza a recurtarnos dereitos cada vez a máis xente. O capitalismo expándese. E necesita máis combustíbel. E ese combustíbel son os dereitos das persoas, que pasan a ser un ben co que comerciar. Cada vez se vai ampliando máis o rango de persoas ás cais o sistema económico capitalista está disposto a sacrificar os seus dereitos en nome da liberdade de mercado. E estamos tan pechados nos conceptos, ten tal autoridade o dogma da propiedade privada (coma outros dogmas capitalistas comunmente aceptados), que xa non sabemos nin por que facemos o que facemos, nin cales deberían ser as nosas aspiracións. Acaso non tod@s queremos ter un sitio onde vivir, e comida, e medicamentos... Parece lóxico, non? Ante un problema tan gordo coma a precaria situación dun dereito fundamental como é o dereito á vivenda, por que lle temos medo a expropiar para o ben común? Adianto a miña resposta: porque aquí non goberna o pobo nin se goberna para o pobo e porque a propiedade privada é a base do mundo espectacular ao que nos fixeron aspirar.
Aquí goberna o capital, e goberna para os seus propios intereses: a acumulación e concentración da riqueza, parella á devastación dos dereitos da maioría. Entón o Estado queda deslexitimado porque as súas leis están para cubrirlle as costas ás operacións mercantís inmorais das empresas: é lexítimo desobedecer.

Proposta: okupar e liberar espazos, centros sociais, vivendas... que funcionen con outra dinámica. Coa dinámica da procura do ben común, da procura do ben para tod@s. Afastándose da competitividade. Con outra ética, centrada nas necesidades das persoas, na que todas as persoas vallan o mesmo. Ese é o embrión do cambio. "Construír unha nova sociedade no cascarón da vella", que di a outra... E mentres facemos todo isto, criticar aos violadores dos nosos dereitos, a quen tira rédito de esmagar a liberdade d@s demáis: as grandes empresas, as constructoras, as inmobiliarias, os bancos, as ETTs, e por suposto os partidos que lles fan o xogo e dan as costas ao pobo que din representar.

rebélense, por favor.

No hay comentarios:

A ria e nosa e non de REGANOSA