sábado, 24 de junio de 2006

"Nos mean, y los medios dicen que llueve..."

Desde Rebelión nos llega este video de opinión de Eduardo Galeano donde hace un breve repaso a la situación global del mundo, con tono sarcástico, que seguramente no dejará a nadie indiferente.

Sigue lendo...

viernes, 16 de junio de 2006

Thanks for telling the truth, George

Aún quedan políticos, como George Galloway, que se atreven a denunciar en los medios de comunicación masiva los crímenes de Israel y desenmascarar la propia manipulación de los mismos. El canal de informativos es Sky News, que pertenece al magnate Rupert Murdoch, está en inglés, merece la pena.

Sigue lendo...

lunes, 5 de junio de 2006

O PANFLETIÑO ESE TAN GRACIOSO QUE CHE DEIXARON NA BIBLIOTECA...

Chega a tempada de exames ás universidades. E con ela (alomenos na USC) chegan as ocupacións masivas das bibliotecas... ás veces ocupacións sen xente. Porque a xente empeza a reservar sitio, que se para un/ha amig@, que se marchei a xantar... E deixan os apuntamentos no sitio que ocupaban. Para deixar ben claro que aí están elas/es, que ese territorio lles pertence. Resultado: cada vez que vas á biblioteca un pouco a deshora (entendendo “a deshora” como non acudir a primeira hora) atópaste coa cabreante situación que supón ver un montón de sitios cos apuntamentos dos collóns. E non te queda outra que ocupar un sitio que retirar uns apuntamentos e sentar aí. Pero hai xente que non se atreve a facer isto (moitas veces @s mesm@s que acostuman a deixar os fodidos apuntamentos, sufrindo as consecuencias da súa propia putada). E marchan para perder o tempo buscando un sitio no que estudar. Pero a ver... estamos na universidade, cómo coño ninguñen se para a pensar? É que ata o fan doutorad@s!!! Hai uns sitios que obviamente non están sendo utilizados. É dicir, hai xente que non pode estudar, e hai sitios que non se utilizan. Absolutamente irracional.

Foder, que non todo o mundo estuda ás mesmas horas! Hai xente que come a diferentes horas, ou que cea a diferentes horas... Ou simplemente que non puido ir pola mañá a estudar e ten que ir pola tarde, e cando chega ás 17:00, hai moitos sitios ocupados por xente que está estudando, vale; pero hai moitos outros de xente que está tranquilamente de sobremesa e fodéndolles o estudo aos demáis.

O que a min máis me sorprende é que se chegas á biblioteca, apartas uns apuntamentos e te sentas; pasan 2 horas nas que estudas, claro; e chega @ “amortizador/a” de turno, e aínda se cabrea!!! “Mira, nen@, eu quero estudar. Aquí non hai ninguén estudando. E é obvio que non fuches tomar un rato o aire... Polo menos non teñas a cara dura....”

E bueno, ata os mismísimos do tema, fixen uns panfletos (bastante de cachondeo, a pesar do meu cabreo) para, polo menos, facer sentir un pouco de culpa a estas/es element@s... Podedes copialos, modificalos, facer paxariñas de papel con eles (quedan moi bonitas!, :-)... porque son COPYLEFT (é iso do “c” ese do revés). Eu levo uns cantos na carpeta, e cando levo tempo estudando e vou marchar, e son consciente de que hai un sitio que leva “amortizado” máis dunha hora, déixolles o regaliño. A ver se así... Velaí van:

Bueno, como podedes ver, nun está a dirección desta web (en realidade en todos, eu imprimín ese no que está a dirección polo outro lado dos outros dous, máis mensaxe con menos papel...). Tedes que saber que non gañamos diñeiro cando a visitades (só fodería, en plan publicidade, XD). Púxena con ánimo de que @s que reciban “o regaliño” vexan un pouco máis aló do seu elemental e patético egoísmo. E por se algún/nha non os entendeu... É que é unha putada pasarte unha tarde de biblioteca en biblioteca buscando sitio, e isto creo que é algo que ata “@s amortizadoras/es” saben... E se alguén se anima, temos a sección de comentarios para discutir o tema...

Así para rematar, para min isto non é máis que un reflexo da actitude “borreguil” característica do noso tempo. Aínda que “o faga todo o mundo”, penso que TI tes a capacidade para pensar nas consecuencias dos teus actos. E penso que deixarte sen estudar en tempo de exames, co agobio que pode supoñer nunha sitiuación determinada, aumentando o estrés que neste tempo sufrimos @s estudantes, é unha CABRONADA, así, con maiúsculas. Vamos que non é unha coña... O meu desexo sería que a situación empezase a cambiar, a ver se a xente responde á racionalidade, e non só ao “todo o mundo o fai”, foder, que somos maiores de idade...

En realidade isto tamén ten un certo componente de experimento sociolóxico. É para comprobar o que eu persoalmente creo (aínda que algúns/nhas chámanme iluso por iso). Creo firmemente que explicándolle algo racionalmente a unha persoa, sobre todo tratándose de algo cunha implicación ética (é dicir, “que fode a alguén”, se queredes unha definición técnica, XD) pode entendelo e trocar a súa actitude. E tamén creo na acción directa, concepto inventado pol@s anarquistas (e vinculado non sei por qué pola TV á violencia...), e que promulga o “Se algo non che gusta, cámbiao” (pero que vamos, non tes por qué cambialo de modo violento). Vexamos o que pasa... Nas mans d@s estudantes da USC está demostrarme que funciona.

Sigue lendo...
A ria e nosa e non de REGANOSA